Acurtar os plenos, primeira proposta na xunta de voceiros

    xuntavoceiros copia100.jpgVILAGARCÍA> A proposta do grupo de goberno establece un máximo de cinco minutos por intervención e elimina as quendas de réplica nos puntos ordinarios.

    {flowplayer}images/salnes/ROLDA_CONCELLO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    A convocatoria mensual da xuntanza de voceiros, vense unir ás que xa se facían das comisións de goberno e os plenos ordinarios. Tres ferramentas que dende o grupo de goberno ven como vías para facilitar o debate e a participación da oposición.

    Nesta primeira reunión, o alcalde Tomás Fole presentou unha proposta de regulamento destinada a regular a duración dos plenos. A norma establece un máximo de cinco minutos por intervención e elimina as quendas de réplica nos puntos ordinarios.

    Segundo Fole, o borrador estaría aberto ás propostas dos demais grupos do pleno, coa intención de facer unha norma estable.

    O alcalde vilagarcián tamén adiantou parte da orde do día do vindeiro pleno ordinario: dar conta do decidido no pleno de organización e outras cuestións de trámite, como a representación do concello nos órganos colexiados.

    Redacción Salnés