Vilanova denunciará a Carmela Silva pola paralización das obras da estrada de Baión

VILANOVA> O Concello de Vilanova vai presentar unha demanda contra a presidenta da Deputación de Pontevedra polas obras da estrada de Baión, de titularidade provincial. O alcalde na localidade insiste que detrás da paralización destes traballos atópase unha presunta trama corrupta do goberno provincial que desviría eses fondos cara o Concello de Vigo. De feito, tacha á presidenta Carmela Silva de “presunta delincuenta”. O grupo provincial do PP, apoiou hoxe a Durán, anunciando que van estuda-la solicitude dunha comisión extraordinaria centrada neste asunto.

Vilanova move ficha  e anuncia accións legais contra a Deputación de Pontevedra pola paralización das obras da estrada provincial que une Baión con András. O Concello vai denunciar pola vía penal á presidenta Carmela Silva. O alcalde da localidade insiste en que os cartos deses traballos foron desviados cara a Vigo, a través dunha trama corrupta. Di que podería tratarse dun caso de prevaricación.

Durán bota man do recurso que o concello interpuxo contra a Deputación pola vía do contencioso administrativo. A xustiza desestimouno, pero a maxistrada indicou que había “serias dúbidas” sobre os motivos polos que se parou a obra. Agora o alcalde quere que sexa a xustiza, di textualmente, o que lle diga se a Deputación está gobernada por delincuentes.

O grupo provincial do PP, entre tanto, amosou hoxe o seu apoio a Durán. O seu voceiro privincial fala de sectarismo político e falta de honradez por parte do executivo provincial. Avanza que estudarán pedir explicacións nunha Comisión Extraordinaria.

Ademais das obras de Baión, segundo o PP, hai outros seis proxectos en toda a provincia que se viron afectados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí