O BNG mantén o ‘non’ ás contas de Varela

    VILAGARCÍA> Se as cousas non mudan de aquí ó xoves, o goberno de Aberto Varela non poderá aprobar os seus primeiros presupostos. O BNG anunciou hoxe que o seu voto será ‘non’. Valoran que o PSOE atendera a algunha das súas propostas e ampliara partidas como Fomento do Emprego ou saneamento. Pero para os nacionalistas isto non é suficiente. Para contar co seu voto, Ravella ten que mudar o xeito de facer política. E isto, din no BNG, non o ven.

     

     

    No BNG de Vilagarcía entenden que o presupostos son o mellor reflexo da orientación política dun goberno. E a que plantea o executivo de Alberto Varela no proxecto de contas presentado non lles convence. Agradecen ó Partido Socialista que atendera a algunha das súas alegacións, e aumentara partidas como as de Fomento do Emprego, Saneamento, Compostaxe ou Normalización Ligüística. Aínda que non se contemplaron outras relativas a Cultura ou a Deportes. Pero o que realmente piden, din, son ‘proxectos concretos’.

     

    Queren unha perspectiva sobre o modelo a desenvolver. E segundo os nacionalistas, non só non se reflicte neste documento, senón que o tildan de de ‘continuista’.

     

    Por iso o próximo xoves, cando menos a día de hoxe, votarán ‘non’ ó proxecto de presupostos. E por decisión de toda a organización.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/26/presupostosbngvilla.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/26/BNG_PRESUPOSTOS_VILLA.mp4{/flowplayer}