O Grove é un Concello seguro

     O GROVE> O Grove é un concello seguro malia a última vaga de roubos. Estes son os datos que se desprenden da Xunta Local…

    {flowplayer}images/salnes/seguridade_grove_260213.flv{/flowplayer}

     … de Seguridade que se ven de celebrar neste Concello nas últimas horas entre os distintos corpos e forzas de seguridade que operan regularmente neste municipio.

    Os datos cuantitativos rexistran unha suba de cadanseus catro delictos e outras tantas faltas nos últimos doce meses; uns datos nos que tamén hai que ter en conta que se recollen un novo sistema de cuantificación dos mesmos que os fai variar á alza. Malia esta valoración xeral satisfactoria e conscientes do último repunte de roubos, as forzas da orde anuncian a intensificación do servicio de vixilancia con caracter preventivo.

    Os efectivos de seguridade Grovense reforzaranse tamén na tempada estival e en datas de máxima afluencia de visitantes neste Concello como é a festa do Marisco. Amais, como noutros Concellos galegos, está en marcha un dispositivo inicial para garantir que se cumpre a legalidade e a seguridade dos máis novos nas zonas de ocio nocturno. Para iso colaboran varios corpos man con man ca policía local. Este e outros temas volverán a ser tratados nunha próxima Xunta de Seguridade Local que terá lugar neste mesmo Concello no segundo trimestre deste ano.

    Á marxe das valoracións do subdelegado do Goberno, e ó fío do funcionamento dos corpos de seguridade neste Concello, preguntamos ó rexedor e ó xefe da Policía Local sobre a evolución do conflicto deste último con este corpo de seguridade municipal. Por unha banda, o rexedor defendeu o papel de Bea á fronte da Policía Local lamentando os últimos desencontros e censurando as denuncias interesadas e desestabilizadoras da oposición. Pola súa parte, o edil supostamente denunciado negou ter notificación ou requerimento algún por parte da xustiza.

    Redacción Salnés