A veciñanza de Rubiáns denuncia o mal estado das beirarrúas da Avenida de Pontevedra

VILAGARCÍA> Beirarrúas levantadas, fochas e maleza que chega ata a estrada. Os veciños de Rubiáns en Vilagarcía non aguantan máis e denuncian o mal estado da avenida de Pontevedra. Nos últimos días, as deficiencias provocaron a caída dunha veciña que sufriu feridas importantes nun brazo e no rostro.

Camiñar polas beirarrúas de Rubiáns na entrada de Vilagarcía pode ser perigoso. Nos dous primeiros quilómetros da Avenida de Pontevedra as beirarrúas atópanse nun estado deficiente. As malezas evitan o tránsito normal dos peóns en moitos puntos, o que xa provocou que diferentes veciños sufrisen caídas. A última tivo lugar hai uns días cando unha veciña esvarou por culpa dunhas silveiras o que lle provocou diferentes feridas importantes na cara e a rotura dun brazo.

A silveiras non só único perigo que se atopan nesta avenida. As beirarrúas están levantadas en moitas zonas e nalgún dos tramos hai fochas que poñen en risco aos peóns.

A veciñanza culpa directamente ao concello polo abandono que sofren.

Piden ao goberno local que non agarde a que pase algo para actuar.

A veciñanza estase organizando para acudir en conxunto ao concello e intentar que así lles fagan máis caso. Pero polo de agora, mentres non se arranxen os problemas, quen queira pasar a pé por esta rúa que teña moito coidado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí