Codia de eucalipto no encoro para loitar contra a cianobacteria

    cianobacteriaportada.jpgCALDAS> Este tratamento, que se executará en tres fases, busca evitar a proliferación de cianobacterias que no último verán se produciu neste embalse.

    {flowplayer}images/salnes/ENCORO_UMIA.flv{/flowplayer}

    Instalaranse un total de sesenta toneladas de codia de eucalipto que se repartirán por corenta e dúas hectáreas deste encoro de Caldas. Este proxecto experimental farase en tres fases. A dose inicial, formada por preto de 23 toneladas, aplicarase ó longo deste mes; a dose de reposición aplicarase en outubro e nos meses de xaneiro a xuño será a quenda da dose de mantemento con catro toneladas e media ó mes.

    Con motivo do comezo dos traballos, o Presidente de Augas de Galicia supervisou esta mañá a zona xunto ó Delegado da Xunta en Pontevedra e responsables dos concellos da contorna. O obxectivo deste medida paliativa, tal e coma explicou Francisco Menéndez, é evitar a proliferación de cianobacteria que nos últimos veráns xurdiu no Embalse do Umia.

    Esta iniciativa forma parte do Plan Umia que ten coma reto mellorala calidade das augas do río e evitar a proliferación deste fitoplacton. Menéndez, destacou, ademais, que en paralelo realizarán un control exhaustivo da calidade das augas.

     Lembrar que esta iniciativa nace dos resultados positivos obtidos no encoro de Forcadas.

    Redacción Salnés