![]()
VILAGARCÍA> Os rexedores de Vilagarcía e Ribeira non emitiron valoracións do proxecto, pero manifestaron o seu compromiso coas metas marcadas polo plan.
{flowplayer}images/salnes/EIXO_ATLANTICO.flv{/flowplayer}
Ambos rexedores recibiron o documento co calendario de medidas que terán que levar a cabo as dúas cidades. Un proxecto que ten como elemento condutor a ría de Arousa e o mar, e que busca para as dúas cidades un aumento da competitividade, un crecemento económico e a xeración de emprego e riqueza.
A pesares de que o proxecto deberá ser estudado polos equipos de goberno antes de entrar en valoracións profundas, ambos alcaldes amosaron a súa satisfacción e compromiso coa axenda do Eixo, deixando os localismos a un lado.
Esta reunión celébrase un ano despois da xuntanza mantida entre expertos do Eixo co goberno municipal arousán e distintos colectivos para recabar a información coa que se elaborou a axenda presentada hoxe. Unha guía que se plantexa como un proxecto de cidade.
Redacción Salnés








