Ferido leve tras conducir a 160 polas rúas de Cambados

    fotoaccidente2 copia.jpg CAMBADOS> Exceso de velocidade e alcol foron a combinación perfecta para que un mozo batese o seu coche contra unha vivenda en Castrelo.

    {flowplayer}images/salnes/accidentes_cambados_grove.flv{/flowplayer}

    Segundo relatou a propietaria da casa situada no número 5 do lugar de Couto de arriba, en Castrelo, a Canal Rías Baixas, sobre as cinco da mañá un turismo marca Renault Clío chocou contra o muro de peche da vivenda logo de perder o control do vehículo. Cando saíron atopárono aparcado na estrada, invadindo o carril. Ó parecer o conductor estaba a tomar parte nunha carreira xunto con outro coche, e circulaba a 160 quilómetros por hora. Ademais, Protección Civil xa o vira sobre as once e media da noite facendo o ganso por Cambados, polo que xa dera aviso á Garda Civil.

    Logo do accidente foi multado por conducción temeraria e por deixar o vehículo mal aparcado, e ademais deu positivo no control de alcoholemia. No choque, o mozo resultou ferido e foi trasladado ó Hospital do Salnés. A propietaria da vivenda asegura que nesta estrada hai carreiras a diario e reclama un vadén para diminuír a velocidade dos coches.

    Choque no Grove 

    No Grove tamén houbo esta mañá un accidente de tráfico, foi na estrada do Conde a Virxe das Mareas. Nel estiveron implicados dous vehículos, un turiso e un camión de refrixerados. O conductor deste último tivo que ser evacuado nun primeiro momento ó centro de saúde do Grove, para logo ser trasladado a un hospital de Pontevedra para avaliar as causas do mareo.

    Redacción Salnés