Semana clave para coñecer si se celebra o Tiro ó Pichón

    pichon100_250308.jpgGROVE > Representantes de diferentes colectivos do Grove, reuníronse hoxe nas instalacións do Hesperia Isla da Toxa…

    …para firmar un manifesto no que solicitan á Subdelegación do Goberno a autorización para celebrar o Campionato do Tiro ó Pichón.

    Dende a organización asegurouse que se están a cumprir tódalas exixencias requeridas. Que o tiro o pichón da Toxa corre serio risco de celebrarse este ano non é ningunha novidade. O que sí é, é que se esta semana non se presenta a oportuna autorización administrativa ante a Federación Española de Tiro al Vuelo, a tirada non se poderá realizar.

    Dende o Club de Tiro da Toxa afírmase que se cumpriron coas obrigas exixidas por Medio Ambiente: cercar o campo con boyas nun radio de 200 metros dende a zona de tiro, contratar embarcacións, colocar unha maya de aceiro galvanizado e a protección do humedal así como a incineración posterior do pombiño. A quinta exixencia, que fala da utilización de munición ecolóxica, é a día de hoxe imposible de levar a cabo debido á inexistencia desta no mercado.

    Por iso precisan esta semana unha autorización da subdelegación de goberno, para buscar que a Federación rectifique a busque data para a tirada da Toxa.

    Representantes da CIT, Emgrobes e da Asociación de Hosteleiros, amosaron a súa seria preocupación por este tema, xa que os días nos que se celebra este campeonato supoñen os de maior ingreso económico. Por iso instaron a todo o pobo a que aúne forzas para este torneo non desaparezca da Toxa.

    Asimesmo, membros do Partido Popular e Alternativa Meca solicitarán mañá no Concello a convocatoria dun Pleno Extraordinario na procura da unión de tódalas forzas políticas para que finalmente a tirada da Toxa se poida celebrar.

    Redacción Salnés