![]()
PONTEVEDRA> Esta tarde estivemos na Base da BRILAT ‘General Morillo’ no momento previo á saída das patrullas.
{flowplayer}images/salnes/CENTINELA_GALEGO.flv{/flowplayer}
Vixiar e manter unha presenza disuasoria e alertar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado dos conatos que se poidan producir. Estes son os dous principais obxectivos da Operación contra incendios denominada ‘Centinela Galego’ que arranca esta media noite.
Este é o momento previo á saída das patrullas da Base da BRILAT ‘General Morillo’, esta tarde, en Pontevedra. Pero son un total 23 patrullas as que participarán inicialmente na operación pertencentes a distintas unidades da BRILAT e ó Terzo Norte de Infantería. En total, abarcarán máis de trinta concellos e seis distritos forestais.
A operación prolongarase ata o 15 de setembro. Cabe lembrar que esta campaña naceu tralos incendios producidos en Galicia no verán do 2006 polo que no 2007 decidiron, entre as diferentes administracións, subscribir un protocolo de actuación que se denominou Operación ‘Centinela Galego’.
Redacción Salnés









