Os veciños de Pedras Negras denuncian o abandono da zona

    pedrasnegras copia100.jpgO GROVE> Dende a asociación aseguran que o entorno carece de servizo de limpeza, e protestan ante a pasividade do concello, titular da urbanización.

    {flowplayer}images/salnes/QUEIXAS_PEDRAS_NEGRAS.flv{/flowplayer}

    A pesares de que as reclamacións da asociación veciñal de Pedras Negras se remontan a máis de catro anos atrás, os habitantes da zona non conseguiron ningunha resposta por parte do concello, propietario dos inmobles. O entorno continúa en estado de abandono, sen que o servizo de limpeza chegue ás súas rúas.

    Para os veciños, o estado de deterioro no que se atopa a zona fai que esta sexa pouco atractiva para o turismo, a pesares da beleza do entorno no que se atopa e a súa proximidade ós areais.

    Ademais do turismo, os veciños son os primeiros perxudicados pola precaria situación da urbanización. Por iso reclaman a limpeza das rúas e outras medidas, como a rehabilitación e acondicionamento das zonas verdes.

    Polo de momento, os habitantes de Pedras Negras continuarán coas súas reclamacións, aínda que non descartan tomar outras medidas de protesta ou legais para que se cumpran as súas reclamacións.

    Redacción Salnés