Diferentes colectivos promoven iniciativas para manter os nenos entretidos na casa

BARBANZA> A suspensión das clases, e o feito de que os nenos teñan que permenecer nas súas casas, obriga a moitos pais a ter que buscar alternativas para os seus fillos. Ademais das actividades que de xeito telemático lle proporcionan dende os colexios, xorden numerosas iniciativas de mans de asociacións e colectivos que buscan ter ós cativos entretidos durante este parón, ó tempo que contribúen a crear conciencia social. Os pais de seguro que o agradecen…

Un destes colectivos é a Asociación Francisco Lorenzo Mariño, de Aguiño, en Ribeira, que vén de poñer en marcha unha iniciativa a través da cal pretende manter entretidos ós nenos estes días. A proposta ten ademais outra finalidade como é contribuír á concienciación para non propagar a enfermidade, quedando na casa. A actividade consiste en que cada nena debe realizar un debuxo co lema Eu quedo na casa’, para, posteriormente, colgalo nas redes sociais e tamén na fiestra ou na porta da súa vivenda. Aqueles que o desexen poden enviar as súas fotos con nome, apelidos e teléfono ó enderezo electrónico da asociación e verán publicados os seus debuxos, participando nun sorteo de lotes de libros que se realizará o Día das Letras Galegas, durante a celebración do Maio Cultural de Aguiño.

Outra das opcións que está a ter unha gran aceptación entre os pai é tamén a formulada pola empresa Arenaria, que desenvolve a actividade extraescolar de ‘Ciencia Divertida’ en varios centros de Ribeira, Rianxo ou Dodro. Nela ofrécese ós cativos unha proposta para estes días de cuarentena a través da súa propia páxina web.

Estas son só dúas opcións.. pero hai máis. O único que se precisa é exprimir un pouco máis a cabeza, e imaxinar. Os nenos seguro que o agradecerán….

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí