![]()
BOIRO> Ós cheiros habituais que se rexistran no polígono de Espiñeira, engádense estes días as emanacións dun vertido de augas residuais.
{flowplayer}barbanza/vertidospoligono.flv{/flowplayer}
Os malos olores procedentes dalgunhas factorías son xa unha constante no parque empresarial de Boiro. Sen embargo, a situación agravouse ó rexistrarse nos últimos días vertidos de augas residuais nun tanque de recollida de pluviais.
Dende a asociación de propietarios lembran que esas augas sen depurar baixan directamente polo monte onde a contaminación pode afectar ós acuíferos.
Deficiencias estruturais
O problema cos vertidos non vén máis que a agravar as deficiencias que dende a súa orixe presenta este parque empresarial, como a falla de presión da auga e de subministro eléctrico ou o mal estado dos accesos e a escasa seguridade.
A comisión de propietarios reunirase nos próximos días cun representante da recén estreada corporación local para transmitirlle as súas necesidades. Entre as principais, acabar cos vertidos que poden supoñer un problema de saúde pública.
Redacción Barbanza











