‘O proxecto do Centro de Día terá que ser revisado e modificado’

    aida_filgueira copia.jpgGROVE> Así o anunciou a edil Aida Filgueira. Ademais, informou que o concello ten facturas pendentes de pago por valor dun millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/ROLDA_AIDA.flv{/flowplayer}

    Segundo explicou esta mañá a actual edil de Benestar Social do Grove, Aida Filgueira, o proxecto do Centro de Día terá que ser modificado. Ó parecer a Xunta remitiu informe desfavorable debido a que o proxecto foi resolto en aprobación definitiva sen atravesalo trámite de aprobación provisional e inicial.

    Por iso, agora, segundo Aida, haberá que anular en pleno dita aprobación definitiva, obter os informes sectoriais necesarios e remitilo de novo a urbanismo. Unha vez isto haberá que adaptalo Plan especial ás indicacións da Xunta e o proxecto ó Plan. Será entón cando se aprobe definitivamente.

    A concelleira tamén falou da situación económica na que se atopa o concello. Ó parecer existen facturas recoñecidas pendentes de pago por importe do redor dun millón de euros.

    Por último, Filgueira apuntou que están a estudalas condicións laborais das traballadoras do servizo de asistencia no fogar no que se poderían estar producindo incumprimentos en materia laboral.

    Redacción Salnés