VILANOVA> Pendentes da publicación do DOG, mañá entrarán en vigor unhas novas medidas para a hostalería. Os propios hostaleiros serán os que decidan en que nivel se sitúe o seu local e á marxe da situación sanitaria de cada concello. Segundo as medidas que cumpran estarán nun nivel con máis medidas ou noutro con menos.
A xunta de Galicia e as asociacións de hostaleiros galegas chegaron a un acordo para elaborar, o que se supón que é, o protocolo final para a hostalería. Este novo paquete de medidas divide aos locais en dous niveis á marxe da situación sanitaria de cada concello. Segundo as normas que cumpran, os locais estarán nun ou noutro nivel.
No nivel máis alto, os hostaleiros poderán abrir ao 75% en interiores e no 100% nas terrazas, pero para elo deberán cumprir uns requisitos como garantir a distancia de separación entre comensais, máximo de dúas persoas xuntas na barra sempre que sexan convivintes, controis e anotacións dos niveles de CO2, realización de PCRs aos traballadores cada 14 días e a realización dun curso de 4 horas.
O que si agradecen os hostaleiros é que con este protocolo os seus locais non volvan a pechar.
Ademais a xunta tamén anunciou que destinará 6 millóns de euros para aqueles locais hostaleiros que queiran adaptar os seus locais ás novas medidas. O propietarios piden aos políticos que pensen máis as medidas antes de aplicalas e que as axudas sexan reais.
Tralo protocolo para a hostalería, o seguinte obxectivo da Xunta e do sector é establecer un novo paquete de medidas para o ocio nocturno. Segundo adiantou o conselleiro de sanidade, Julio García Coomesaña, as negociacións están avanzadas e xa teñen un borrador para garantir a continuidade laboral do ocio nocturno.