Gran éxito na III Edición da Feira das Tapas de Vilagarcía

    fototapascopia.jpg VILAGARCÍA> Os hostaleiros sacaron as súas receitas á rúa para impulsar o tapeo pola vila e mostrar a súa mellor cara a veciños e visitantes.

    {flowplayer}images/salnes/FeiraTapasVilagarcia.flv{/flowplayer}

    Os hostaleiros sacaron as súas receitas á rúa para impulsar o tapeo por Vilagarcía e mostrar a súa mellor cara a veciños e visitantes.

    A Feira, que cada ano vai a máis, foi un gran éxito. Tódalas tapas teñen un prezo de un euro cincuenta, pero aínda que sexan máis económicas que nos establecementos, dende a organización non queren perder a calidade do servizo.

    Tamén se celebrou o tradicional concurso de tapas e o xurado fixo unha mención especial á pastelería Yoli, aínda que non entrou no certame. O outro debutante, Ameixa de Carril mostrouse tamén moi satisfeito no seu primeiro ano.

    Redacción Salnés