O PP de Boiro levará ó Parlamento o maltrato do Concello ás usuarias do CIM

BOIRO> A comparecencia da semana pasada do alcalde, José Ramón Romero, e a edil de Igualdade, Dores Torrado, para dar explicacións respecto ás acusacións formuladas por un grupo de usuarias de CIM polo presunto maltrato institucional, non sentaron ben nas filas do Partido Popular.

O seu voceiro, Fernando García, mostrou hoxe a súa perplexidade por este asunto. En vez de aclarar, segundo el, dan a entender que o problema se agravou, co anuncio do executivo de levar o caso os tribunais polas presuntas irregularidades cometidas pola ex técnica de Igualdade.

O PP non entende tampouco como se carga agora contra a oposición…

Fernando García vai máis alá e acusa ó rexedor e a concelleira de Igualdade de ser os verdadeiros culpables desta situación.

Por esta razón, os populares xa anuncian que levarán este asunto ó Parlamento, a través do seu grupo, para esclarecer todo o acontecido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí