As revisións nas ópticas reduciron a espera en Oftlamoloxía nun 80%

     POBRA> As ópticas do Barbanza atenderon a máis de dezaseis mil pacientes nos últimos seis anos dende a posta en marcha do programa ‘Ollo cos Ollos’ promovido pola Consellería de Sanidade.

    {flowplayer}barbanza/convenioollocosollos.flv{/flowplayer}

    No último ano foron 2.238 as consultas realizadas por optometristas da comarca a través deste convenio. Os médicos de familia ou pediatras derivan as revisións ás ópticas a través dunha folla de interconsulta.

     Tras realizar o exame visual ordinario que inclúe diversas probas como o estudo da reacción pupilar, de visión de cor ou os tests de Amsler e Worth para avaliar o funcionamento da mácula e a visión binocular, entregan un informe ó paciente. Segundo os resultados será o médico de cabeceira quen decidirá se se deriva a un especialista ou non.

    Redución listas de espera

    A través deste programa iniciado en 2007 e no que participan máis de cincocentas ópticas de toda Galicia, permitiuse reducir a lista de espera en oftalmoloxía en máis dun oitenta por cento.

    Aínda así, os profesionais lembran que hai diversas probas como o fondo de ollo que non se poden realizar nunha óptica polo que recomendan acudir periodicamente ó oftalmólogo.

    Redacción Barbanza