‘Rouban o gasoil e destrozan as máquinas que gardo na finca’

    fotoroubocopia.jpgPONTEARNELAS> Ata seis roubos conta José Luis Lede na súa propiedade, con perdas que ascenden a máis de 300 euros de cada vez.

    {flowplayer}images/salnes/RoubosFinca.flv{/flowplayer}

    Nesta finca situada en Pontearneas é onde a empresa Lede e Hijos garda a súa maquinaria. Trátase dun negocio de excavacións e transporte que tamén tiña alquiler de máquinas pero que neste momento se atopa parada por mor da crise. O obxectivo fundamental dos ladróns é o gasoil destes aparellos pero o máis custoso é arranxar os desperfectos que ocasionan.

    Segundo José Luis dende hai aproximadamente 10 anos os roubos son constantes tanto nesta finca como noutras nas que tamén gardan parte dos aparellos.

    Agora este empresario está xubilado e é unha das súas fillas a que se está a facer cargo do negocio, pero segundo asegura, a situación lonxe de arranxarse vai cada vez a peor.

    Tódolos roubos sufridos ata o de agora están denunciados ante a Garda Cilvil pero non ten noticias ó respecto de ningún deles.

    José Luis móstrase xa desesperado e pide as autoriades que se tomen medidas ó respecto.

    Redacción Salnés