Un total de 18 ONGs participan o martes na Festa da Solidariedade

    solidariedade100_220807.jpgVILAGARCÍA > Festa da Solidariedade. Así se denomina este ano a Mostra de Voluntariado. Os novos responsables …

    … da concellería de Xuventude, dirixida pola nacionalista Ana Lorenzo, queren darlle a esta cita un carácter máis lúdico e festivo.

    solidariedade200_220807.jpgA Mostra de Voluntariado de Vilagarcía será este ano unha Festa da Solidariedade, e ademais trasladarase á Praza de Galicia. O vindeiro martes 28 instalaranse baixo unha carpa un total de 18 organizacións tanto locais como doutros concellos como Cambados e Padrón que darán a coñecer as súas iniciativas, ademais de vender unhas camisetas doadas polo Concello.

    A mostra abrirá de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 21.00 e arredor dela haberá outras actividades coas que se pretende imprimirlle un carácter máis lúdico e festivo. O programa inclúe desde un simulacro de rescate en altura de Protección Civil ata degustación de productos de comercio xusto, pasando por animación infantil, contos solidarios ou un vídeo forum sobre o fenómeno das pateras. Ademais actuará un grupo senegalés, Galu Teranca.

    De novo, o Concello conta coa colaboración da entidade Caixanova. A festa inclúese no Plan de Acción Local Voluntaria deste ano, que se completará coa cuarta edición da Milla Solidaria. A proba de atletismo celebrarase o 9 de setembro, ás 12 da mañá. O premio, 150 euros será doado a unha das entidades participantes.

    Redacción Salnés