José Juán Durán é o próximo Presidente de Portos de Galicia

    VILANOVA> O Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana ven de cesar neste cargo para incorporarse, supostamente ó equipo de Diego Calvo…

    {flowplayer}images/salnes/pte_portos.flv{/flowplayer} .

    .. na Deputación da Coruña; un suposto que podería facerse oficial no pleno da deputación coruñesa que terá lugar a vindeira semana. Era o propio Presidente galego o que daba conta desta nova esta mañá no Consello da Xunta asegurando que a baixa de Álvarez Campana se producía pola incompatibilidade do seu cargo actual cun novo traballo público que ía a desempeñar.

    O seu substituto no cargo será o edil vilanovés José Juán Durán, que non fora escollido nesta última quenda para continuar formando parte da Deputación Pontevedresa.

    Durán amosouse agradecido ó Presidente do executivo autonómico e á Consellería do Mar, ente do que depende Portos de Galicia; pola confianza que depositan na súa persoa con este novo cargo, que promete afrontar ca maior das responsabilidades.

    Esta nova encomenda obrigará a José Juán Durán a deixar o seu cargo de edil en Vilanova, unha medida que xa coñeceron nos últimos días os seus compañeiros de corporación. O nome do seu substituto en materia de comercio é Alejandro Costa Piñeiro.

    Redacción Salnés