![]()
VILAGARCÍA> Nel participarán as sete mellores clasificadas na Liga Galega máis Tirán, da Liga ACT. Tamén se celebrará o Trofeo Fegar de Traíñas Femeninas.
{flowplayer}images/salnes/trainas_210711.flv{/flowplayer}
A longa fin de semana que nos traerá a festividade de Santiago Apóstolo o día 25, será de esforzo máximo para os remeiros das traíñas galegas. O sábado e o domingo regatas de Liga en Mugardos e O Grove, e o luns chega a edición número 28 do Campionato Galego.
Nela teñen o dereito a participar Tirán, da Liga ACT, e as sete mellores clasificadas da Liga Galega. Así as cousas Meira, Vilaxoán e Mecos remarán na primeira quenda, presiviblemente xunto a Coruxo, pola renuncia de A Cabana, e na quenda forte estarán Tirán, Amegrove, Chapela e Cabo da Cruz.
Gelo Tarrío, técnico da traíña anfitriona, ten claro cales son as favoritas para ocupar os dous primeiros postos, que dan acceso ó nacional que se disputa este ano en Castro Urdiales.
Moito máis optimista que Tarrío era o alcalde Tomás Fole, que non descarta unha victoria de Vilaxoán.
A competición botará a andar ás 18:30 co II Trofeo Fegar de Traíñas Femeninas, no que remarán dúas embarcacións, Rías Baixas e Vilaxoán. Xusto despois sairán á mar as traíñas masculinas.
Redacción Salnés






