Meaño resístese a quedar sen pediatra

MEAÑO> Meaño resístese a quedar sen pediatra. O concello convocou para este sábado unha concentración á que están chamados a partipar tódolos grupos políticos e representantes de colectivos sociais, culturais e empresarias. O Sergas comprometérase a repoñe-lo pediatra que Meaño comparte con Meis despois do verán.

Meaño non está disposto a quedar sen o seu pediatra. Baixo esta premisa, o alcalde da localidade convoca para este vindeiro sábado a representantes políticos e representantes de colectivos a unha concentración na defensa da sanidade.

O Sergas comprometérase a repoñe-lo pediatra que Meaño comparte con Meis despois do verán, pero a mediados de novembro, os nenos da localidade teñen que seguir desprazándose a Portonovo.

Porque o problema é ese: segundo o Sergas, ninguén pediu esa praza.A praza quedou vacante logo de que o facultativo que a ocupaba pedise o traslado para Pontevedra.

O goberno local entende que o Concello ten o mesmo dereito a ter un profesional especializado que os nenos do resto de municipios da cortorna. Logo da concentración do vindeiro sábado, o alcalde avanza que estudan novas accións para conseguir que os rapaces meañeses sexan atendidos no seu Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí