Louzán visita as obras da Pousada da Lanzada

    pousada_lanzadacopy.jpgLANZADA> Alí, o presidente provincial reiterou o seu compromiso de que poida seguir acollendo formación en materia de hostalería.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_LOUZAN_POUSADA_LANZADA_070212.flv{/flowplayer}

    Esta mañá o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou as obras da Pousada da Lanzada, que como xa é coñecido se están a levar a cabo no antigo Sanatorio. Alí, o dirixente autonómico salientou que esta obra cumpre os obxectivos cos que naceu este proxecto de xerar emprego, riqueza e complementar á oferta turística da zona.

    Un polo de creador de emprego e riqueza, un gran atractivo complementario á oferta turística da comarca e que ademais dará cobertura a un nicho de mercado esquecido, o turismo accesible. Así definiu esta mañá o presidente da Deputación as catro Pousadas que se están construíndo no Salnés. No tocante á xestión das mesmas, Rafael Louzán confesou que o proxecto posibilitará unha explotación única.

    No caso concreto da Pousada da Lanzada, Louzán reiterou o seu compromiso de que poida seguir acollendo formación en materia de hostalería. Para iso, subliñou, xa están traballando na forma de artellar un sistema que permita impartir formación regrada.

    Así mesmo, o presidente provincial recoñeceu que xa estableceron contactos con varios touroperadores para que se encarguen da posta no mercado deste produto da mellor forma posible que, ademais das Pousadas, contempla 50 quilómetros de rutas de sendeirismo e dous xacementos arqueolóxicos.

    O obxectivo da Deputación é que as catro Pousadas estean operativas no 2013.

    Redacción Salnés