Cambados prepara o Entroido

    CAMBADOS> Cambados prepárase para o Entroido que comezará na vila o vindeiro 5 de febreiro. Mantendo tradicións como a actuación de Unha Grande Chea ou o concurso de filloas e con novidades no seu programa como o concurso de comparsas o concello espera poder amosar o seu interese en a participación tanto na organización coma nos propios días sexa a maior posible.

     

    Sen esquecer o espírito do Entroido o concello de Cambados presentaba hoxe a súa programación especial para estas datas cunha intención clara de facelas máis participativas ca nunca.

    As actividades comezarán o venres 5 de febreiro coa actuación dunha Grande Chea e outros nove grupos da zona para animar aos veciños a pór os disfraces e gozar da festa. Un concerto que este ano terá un fin solidario.

    Unha das novidades deste ano é a primeira edición das xornadas “Petiscos do Entroido” no que os hostaleiros da zona realizarán uns pinchos con produtos típicos do Entroido dende o sábado 6 ata o domingo de Piñata por tan só 1 euro.

    O Domingo sairá da escalinata de San Tomé o tradicional desfile de Carrozas presentado este ano pola humorista Isabel Risco e será o luns de entroido o que recollerá o baile infantil e o concurso de filloas, todo no Salón José Peña a partir das 5 da tarde.

    O martes terán lugar os concursos de disfraces xuvenís e adultos e o concurso de comparsas e o mércores 10 de febreiro pecharase o Entroido co enterro da sardiña que oficiará un predicador moi especial.