CAMBADOS> O obxectivo da visita foi o de dar a coñecer as actividades da nave de residuos, xestionada por Escort Soil Recovery.
{flowplayer}images/salnes/VISITA_PLATAFORMA_LOXISTICA_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
A plataforma iniciou a súa actividade no mes de marzo e ten como obxectivo a recollida de residuos industriais , que non sexan perigosos nin contaminantes.Dende entón, a plataforma xa leva procesados 100.000 quilos de papel e cartón. Ó servizo poden acollerse tanto empresas privadas como os concellos e particulares.
Nesta nave trátase papel, cartón, envases de vidro e demais materiais que posteriormente son levados a outras empresas para a súa reciclaxe. Louzán asegurou que a plataforma, subvencionada con fondos europeos, servirá para reducir o impacto medioambiental na comarca do Salnés e na provincia de Pontevedra.
Outra das labores da planta de residuos é axudar ó aforro nos concellos da comarca, que poderán acollerse a este servizo. A planta actuará como xestor de residuos para as empresas ó mesmo tempo que dará saída ós Puntos Limpos dos concellos.
Redacción Salnés