Vilagarcía celebra o día grande de Santa Rita

     VILAGARCÍA> Celébraronse diferentes actos solemnes, como a misa cantada polo Coro Santa Eulalia ou a homenaxe que recibiron os exalcaldes.

    {flowplayer}images/salnes/festasSantaRita_220513.flv{/flowplayer} 

    Milleiros de persoas botáronse á rúa para vivir dende dentro a festividade de Santa Rita, hoxe no día grande das festas patronais vilagarciáns. Uns actos que arrancaron ás 12:00 coa celebración da misa solemne na Igrexa de Vista Alegre, que foi cantada polo Coro Parroquial Santa Eulalia. Entre os devotos, varios membros da corporación local, como o alcalde Tomás Fole. 

    A misa deu paso ó puramente festivo. No entorno de Vista Alegre continúa aberto, como en días anteriores, o mercado de época. O pasarrúas correu a cargo do grupo de gaitas A Nosa Señora de A Xunqueira. Ademais, era día de comer o polbo á feira e de mercar as rosquillas.

    Xa pola tarde o acto central tivo lugar na Capela de San Cristóbal, onde os ex alcaldes da cidade que aínda viven recibiron unha homenaxe por parte das monxas austinas do convento de Vista Alegre. Isto foi ás sete tarde. Ás oito, Santa Rita saíu en procesión polo entro da cidade acompañada opor milleiros de fieis.

    A continuación, como tódolos días, música: Pasarrúas de Airiños do Carril e verbena na Mariña coas orquestras Jerusalén e Cinema a partir das dez da noite.

    Redacción Salnés