O picudo ameaza as palmeiras de O Salnés

    CAMBADOS> Operarios traballan en Cambados para evitar que o escaravello picudo se extenda as palmeiras do municipio. Na actualidade hai dúas infectadas e a prevención contra este insecto custará a Capital do Albariño uns 6.000 euros. O outono comeza a facerse sentir, non só polo tempo senón tamén na vexetación, estes días comezaran a caer as follas de algunhas árbores, pero sen dúbida as protagonistas da información estas semanas son as palmeiras e os inquilinos que habitan nelas, onte desprazámonos a Cambados, para coñecer in situ os traballos que se están a realizar contra o picudo. Unha acción que esta englobada dentro do plan de prevención que se está levando a cabo dende a concellería de Medio Ambiente da vila e que protexerá as que aínda no padezan e intentará curar a aquelas que xa esten afectadas. Na actualidade só hai dous exemplares infectados por esta especie, que están situadas na praza do concello, pero estanse aplicando diferentes tratamentos para evitar que se estenda a outras palmeiras. Este control da praga suporalle a o Concello de Cambados uns 6.000 euros.