Acoitelan a un mozo de 27 anos nas festas de Santiago de Carril

    apunalamento_festa_carrilcopy.jpgCARRIL> O suceso produciuse na alameda despois de que o mozo tivese un enfrontamento cun feirante habitual destas festas e residente na zona.

    {flowplayer}images/salnes/ApunalamentoFestasCarril.flv{/flowplayer}

    O mozo, que responde ó nome de Gonzalo Berrido foi operado de urxencia onte pola mañá, e agora recupérase xa en planta, das feridas recibidas. Terá que permanecer no Hospital do Salnés a lo menos 4 ou 5 días.

    O incidente comezou cando Berride, que volvía pra casa acompañado da súa moza e uns amigos foi supostamente abordado por un feirante de roupa, habitual das festas carrilexas. O vendedor tería insistido para que os mozos lle compraran uns calcetíns e ó negarse comezou a disputa entre eles.

    Segundo algunhas testemuñas ó rematar o enfrontamento, o mozo entrou nunha panadería e ó saír atopouse co feirante, cunha barra de ferro e unha navalla, nese momento foi cando lle asestou as dúas puñaladas.

    Hoxe os veciños mostraban a súa sorpresa polo acontecido, aínda que ninguén quería facer declaracións. Segundo algúns deles o suposto agresor que tamén é veciño da localidade xa se atopaba de volta pola zona esta mesma mañá.

    Redacción Salnés