VILAGARCIA> Chamamento á participación dos diferentes concellos e partidos políticos na mobilización en defensa da sanidade pública. Á manifestación, que terá lugar o domingo en Santiago, acudirán varios autobuses de tódolos puntos da contorna. Dende o PSOE sinalan que a manifestación é a única maneira de facer que a consellería deixe de maltratar a sanidade no Salnés.
A plataforma SOS Sanidade pública fai un chamamento para a mobilización dos diferentes concellos e partidos políticos para que acudan a manifestación da sanidade pública. Os socialistas da comarca do Salnés reuníronse hoxe en Vilagarcía para pedir á veciñanza que acuda o domingo a Santiago.
Os socialistas consideran que hai moitos concellos que están sendo maltratados polo goberno da xunta de Galicia. Advirten ademais, que a falla de profesionais e maquinaria está convertendo ao Salnés nunha comarca de segunda.
Dende Vilagarcía sinalan que a única maneira de que o partido popular proporcione á vila unha sanidade digna e un novo centro de saúde pasa por esta mobilización. O alcalde puxo o exemplo do concello Ouresán da rúa onde o conselleiro comprometeuse a crear un centro novo se lle proporcionan un terreo.
Varios concellos da contorna van a fletar autobuses para acudir a manifestación do domingo. No concello do Grove xa confirmaron asistencia máis de 200 persoas que levarán unha pancarta propia.