![]()
MEAÑO> Este foi un dos compromisos que adquiriu o Delegado da Xunta en Pontevedra durante a visita que realizou esta mañá ó concello.
{flowplayer}images/salnes/EDUCACION_MEANO.flv{/flowplayer}
Ademais da construción dun novo comedor escolar no CEIP de Dena, o alcalde de Meaño, Jorge Domínguez, trasladoulle ó Delegado da Xunta en Pontevedra a necesidade de executar melloras nos dous centros de primaria do concello. Entre elas atópase a substitución da carpintería interior do colexio de Dena, a ampliación do aparcamento e a reforma dun corredor no de Meaño.
Obras, todas elas, tal e coma valorou o alcalde, moi necesarias debido ó deterioro que sufriron ambas instalacións. Pola súa banda, e a pesares do compromiso adquirido, Cores Tourís non falou de prazos. Confesou que agora terán que avalialas obras para determinar a inversión necesaria.
Concentración Parcelaria Vilariño
Tras esta visita ó concello de Meaño, o Delegado da Xunta en Pontevedra trasladouse a Cambados para asistir á xuntanza que se celebrou cos técnicos da consellería de Medio Rural, o alcalde, Luis Aragunde, e os membros da xunta local de concentración parcelaria de Vilariño.
Froito desta reunión, o concello disporá de dúas parcelas sobrantes da concentración que serán destinadas a unha zona recreativa pública e máis a unha estación de bombeo con colectores para a rede de saneamento.
Durante o transcurso da xuntanza, os propietarios tamén deixaron patente o seu interese porque os outros terreos sobrantes pasen a disposición do concello. No obstante, esta decisión correrá da man da consellería do Medio Rural que estudará caso por caso cando se produzan solicitudes da administración municipal.
Redacción Salnés









