A Romaría Vikinga de Catoira contará con seis naves no seu desembarco

CATOIRA> Ata seis barcos viquingos participarán no desembarco viquingo das festas de Catoira. O concello presentou unha programación que inclúe dúas novidades, música en diferentes parroquias da vila e a viquinguiña, un evento para toda a familia. A festa terá lugar do martes un ata o domingo 6, día grande no que terá lugar o desembarco vikingo.

Unha das festas máis destacadas e diferentes da nosa contorna é a romaría vikinga de Catoira. Un evento declarado de interese turístico internacional e que se celebrará a vindeira semana do 1 ao 6 de agosto. A festa comezará o martes e mércores coa obra de teatro Un neno Vikingo nas Torres do Oeste. A partir do xoves terá lugar unha das novidades do actual goberno, a viquinguiña, un evento para que goce toda a familia.

Ademais, tamén a partir do xoves, terá lugar outra das novidades deste ano, eventos musicais por tódalas parroquias.

Os concertos musicais, as Vikinsos, comezarán o venres co Luar na Lubre e Skald e continuarán o sábado con Bloody sunrise, Celtas Cortos, Dakidarría e Lontreira. Precisamente o último é o día grande, coa dramatización do desembarco vikingo no que nesta edición participarán ata 6 barcos.

O cartel correu este ano a cargo da catoirense Nuria Bouzas. A artista creou un debuxo con protagonismo feminino.

A festa vikinga conta co apoio doutras administracións e empresas como a Deputación de Pontevedra e Abanca.

Dende o concello mostran a súa satisfacción polo cartel das festas e especialmente polos novos cambios.

Outra das novidades é que a festa recupera o pregón que correrá a cargo de Baiuca. A romaría pecharase o domingo na alameda coas actuacións de Clara Pino e Pablo vidal e de Tor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí