O barrio do Piñeiriño pon en marcha un festival solidario en favor de Amencer-Aspace

VILAGARCÍA> A asociación de veciños do barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía, organiza un festival solidario. Será o domingo 21 deste mes, con distintas actuacións musicais. Haberá tamén diferentes postos con con comida e produtos á venda. Todo o recadado irá para Amencer-Aspace, que ten a súa sede no barrio.

A asociación de veciños Breogán, do barrio do Piñeiriño de Vilagarcía, impulsa un gran festival solidario. Vaise celebrar o vindeiro domingo 21 de abril, a partir das 12 do mediodía.

O festival inclúe un espazo gastronómico e tamén varios postos. Todo o recadado irá destinado para Amencer-Aspace, centro que atende a persoas con parálise cerebral e outras patoloxías, que está asentado neste barrio.

A implicación da rapaza do centro está sendo xa todo un éxito. Máis alá de gañar visibilidade, tamén conseguirán financiar algunhas das súas necesidades.

O concello de Vilagarcía tamén colabora con este festival que, sen dúbida, encherá de festa e solidariedade un dos mellores barrios do mundo.