Co Xoves de Comadres e Compadres inicia o entroido

    disfraces_copia100.jpgO GROVE> Arredor de trescentas persoas con disfraces moi orixinais, asistiron ás ceas de loita de sexos. Desta forma, dáse o pistoletazo de saída ós carnavais grovenses.

    {flowplayer}images/salnes/COMADRES_E_COMPADRES.flv{/flowplayer}

    Mulleres e homes reúnense para cear, por separado, en diferentes restaurantes, para comezar a quentar motores para unha longa noite de festa. Simbolízase así, unha loita de sexos na que as mulleres, utilizan bonecos con forma de home ós que ridiculizan e humillan. Mentres, eles tratan de apoderarse deses bonecos para rompelos.

     Foron 300 os veciños que se reuniron nesta celebración, tanto nos restaurantes oficiais que figuraban no programa do Concello, como nos que se uniron á festa. Entre os presentes, destacou o concelleiro de Igualdade e Benestar, Carlos Álvarez, disfrazado da personaxe principal da película Avatar.

    A principal actividade centrouse nos restaurantes Casa Campaña, Faro, O Mesón do Avó e Don Mexilón, onde se serviron produtos típicos de entroido. Tanto eles como elas pasaron unha velada moi divertida e despois se dirixiron ós locais da movida.

    Mañá destaca o prato forte do Entroido en O Grove, o concurso de comparsas.

    Redacción Salnés