‘O dispositivo contra incendios está a traballar adecuadamente’

    fotojuarezcopia.jpg SALNÉS> Segundo o Conselleiro de Medio Rural este verán está a ser bastante favorable no que se refire ós incendios.

    {flowplayer}images/salnes/JuarezIncendios.flv{/flowplayer}

    A pesares de que xullo non é o mes máis perigoso, segundo Samuel Juárez, as cifras de superficie queimada demostran que os dispositivos están a funcionar adecuadamente.

    O conselleiro de Medio Rural asegurou nesta entrevista concedida ó programa desta casa Pleno Aberto, que o dispositivo contra incendios está despregado e traballando adecuadamente e que as críticas recibidas dende a oposición baséanse sobre todo en cuestións políticas.

    Este dispositivo ten un custe duns 60 millóns de euros ó ano. Outra das reflexións que puxo enriba da mesa Juárez nesta entrevista é a importancia da lei de montes para planificar o desenvolvemento ordenado dos mesmos, algo que tamén axuda a reducir os incendios.

    Ademais de abordar o tema dos incendios, falou tamén do Plan Reitor do Parque das Illas Atlánticas e das eleccións os Consellos Reguladores, que foron aplazadas, ampliando a vixencia dos actuais por un período dun ano.

    Redacción Salnés