Ravella quere que o 1 de abril entren en vigor os novos horarios

     VILAGARCÍA> As medidas afectan ós funcionarios municipais e versan sobre a ampliación das horas laborais e a implantación de turnos de tarde.

    {flowplayer}images/salnes/FuncionariosVilla_060313.flv{/flowplayer} 

    A ampliación do horario laboral obrigará ós funcionarios municipais a traballar 37,5 horas semanais e non 35 como ata o de agora. O obxectivo dende Ravella é reducir a cantidade que se abona cada ano en horas extra e optimizar os recursos da administración. Para iso, ofrecen a posibilidade ós xefes de servizo de que sexan eles os que lles pasen as súas propostas de como deberían organizarse estes novos horarios, se ben aconsellan que se faga unha bolsa de horas, media hora máis cada día pola mañá, ou dúas horas e media un día pola tarde.

    O segundo punto a tratar na xuntanza era a creación dunhas brigadas de tarde. Afectaría ós servizos de Vías e Obras, Alumeado, Parques e Xardíns e Medio Ambiente, e outros xa existentes como Deportes, Auditorio ou Emerxencias. Tamén neste punto, Fole referiuse á importancia de optimizar recursos e aforrar en custes. 

    Fole fixo saber que proximamente enviaranlle ós sindicatos os datos correspondentes ás baixas dos funcionarios no último ano. O alcalde asegura que Vilagarcía rexistra máis do dobre da media nacional en ausentismo laboral.

    Despois da xuntanza da mesa de negociación ábrese un período de consultas de 15 días, para posteriormente comunicar ós traballadores os cambios efectuados. A idea é que os novos horarios entren en vigor o 1 de abril.

    Redacción Salnés