Durán promete xestionar con austeridade e rigor os portos galegos

    JJPTEPORTOS copia.jpg SANTIAGO> O político vilanovés xurou o seu cargo como presidente de Portos de Galicia ante a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

    {flowplayer}images/salnes/JJ_TOMA_POSESION.flv{/flowplayer} 

    José Juan Durán toma así o relevo a José Manuel Álvarez Campana, que desempeñará unha nova ocupación na Deputación da Coruña. Logo de xurar o seu cargo como presidente de Portos de Galicia, Durán agradeceu tanto á conselleira do Mar, Rosa Quintana, como ó titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a confianza depositada nel para exercer esta responsabilidade. José Juan Durán comprometeuse tamén a traballar ‘con lealdade e dedicación’ para mellorar as instalacións, condicións de traballo, prestacións e servizos que ofrecen os 122 portos de titularidade autonómica. A súa xestión, concluíu, estará marcada ‘pola austeridade e o rigor orzamentario’.

    Redacción Salnés