A Xunta presenta a campaña do 25N na Praza de Abastos de Sanxenxo

SANXENXO> Este domingo celebrase o 25N, o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Este martes co gallo de este celebración, na Praza de Abastos de Sanxenxo tivo lugar a presentación da campaña deseñada para conmemorar esta data. A secretaria xeral de Igualdade acudiu a este actos acompañada pola directora xeral de Comercio.

¡A violencia de xénero dille non!, ¿qué facer fronte a violencia de xénero? son só algúns dos títulos dos folletos que a Xunta de Galicia está apoñer en circulación co gallo do Día Internacional en Contra da Violencia de Xénero. A secretaria xeral de Igualdade e a de Comerxio da Xunta de Galicia estiveron, este martes en Sanxenxo, para presentar na Praza de Abastos da localidade a campaña do vindeiro 25N.

A representante dos prazeiros de Sanxenxo sinalaba que despois dos esforzos das xeracións anteriores por conseguir que esta lacra desapareza, lamenta que aínda a día de hoxe sexan necesario este tipo de campañas.

Dende o concello recordan a todas aquelas mulleres que non saiban a onde acudir que na vila hai un Centro de Información a Muller.

A responsable de comercio da Xunta de Galicia sinala que a actividade das prazas de abastos da comunidade permite chegar a máis xente nun espazo corto de tempo.

Recordarlle a aquela que o poida necesitar que están a súa disposición teléfonos como o 091 o 062 e incluso o 112.