A UPTA comeza a repartir a información e os carteis da lei antitabaco

    VILAGARCÍA > A unión de profesionais e traballadores autónomos comezaron a campaña de información entre os seus socios cara a implantación da lei antitabaco. Deste xeito UPTA repartiu carteis, tanto para os establecementos libres de fume como para os que permitan fumar. O mesmo tempo repartiuse a lei completa para que todos poidan estar ben informados

    O importante é que a lei  antitabaco non colla de sorpresa a ninguén. Deste xeito a unión de profesionais e traballadores autónomos informa a todos os seus socios dos puntos destinados para cada establecemento.  Ademais procedeuse xa a entrega de carteis nos que se lles informará o cliente se o establecemento é un espazo libre de fume ou apto para fumadores.

     

    Deste xeito lembrase que ainda que a administración non vai facer un seguimento nas rúas calquera  cidadán está no seu dereito de  denunciar se un local infrinxe a lei.

     

    Unha lei que entra en vigor o vindeiro luns con moitos puntos ambiguos. Por outra banda UPTA cre que o contido da propia lei é moi estricto e moi precipitada a súa vixencia. Aínda que lembren que os establecementos teñen oito meses para adaptar os seus locais.

     

    Redacción Salnés