Vilagarcía encherase de fantasía co Curtas Festival do Imaxinario

VILAGARCIA> Vilagarcía será fantástica no mes de outubro. A vila acollerá unha nova edición do Curtas Festival do Imaxinario. 5 exposición e 82 obras poderán visualizarse do 2 de outubro ata o 22 de novembro.

A cultura non pode quedar ao marxe nin en tempos de covid. Por iso dende a organización do Curtas Festival do Imaxinario reinventáronse e adaptáronse á nova situación para celebrar unha nova edición do seu festival. O evento estará dedicado a Alien que o ano pasado cumpriu 30 anos da súa estrea. Nesta edición exhibiranse un total de 82 obras audiovisuais.

O festival adáptase a todas a medidas impostas por sanidade. Como novidade a organización creou unha aplicación na que poder coñecer a programación, reservar a entrada e votar as obras máis destacadas.

O festival conta co apoio do concello de Vilagarcía. Para o goberno local, o evento, estanse converteuse nunha marca cultural referente na vila.

O evento tamén conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Tanto a deputación como o concello quixeron destacar a importancia de apoiar a cultura nestes momento.

O evento completarase con 5 exposicións: Alien experience (expiriens), inconos do fantástico, Al1c3 de Pasqual Ferry, que tamén é o creador da imaxe desta edición, contos e ilustracións arrepiantes e Eterno Juan Giménez, unha exposición dedicada ao ilustrador recentemente falecido. O festival terá lugar do 2 de outubro ao 22 novembro. As obras audiovisuais exhibiranse do 23 de outubro ao 1 de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí