O Liceo renuncia á concesión para a construción da nova sede

    asemblea_liceo_casinocopy.jpgVILAGARCÍA> O seu presidente, Alfonso Saavedra, confesou que agora confían en que lles devolvan o aval de 195.000 euros que depositaron.

    {flowplayer}images/salnes/LICEO_VILAGARCIA_RENUNCIA_SEDE.flv{/flowplayer}

    A falta de financiamento para construíla nova sede do Liceo Casino de Vilagarcía na Autoridade Portuaria foi o que motivou que o pasado venres os socios da sociedade apoiasen, en asemblea extraordinaria, a renuncia á concesión para a creación das instalacións.

    Só medio centenar de socios, dos 900 cos que conta o Liceo Casino, asistiron á asemblea extraordinaria. Aínda así, a maioría dos seus votos foron suficiente para autorizar ó seu presidente a realizalas xestións necesarias para renunciar á concesión no Porto de Vilagarcía para a construción da nova sede. Alfonso Saavedra confesounos que foi un proxecto no que nunca creu. Agora, a falta de financiamento levounos a esta situación.

    Pero a pesares das dificultades económicas, Saavedra sinalou que a sociedade cumpriu con tódolos seus compromisos de pago. Afirmación que non pode facer extensiva ó seu socio de proxecto, Marina Management. Segundo o presidente do Liceo nin comezou as obras dos pantaláns, previstas para abril de 2011, nin cumpriu co pago de taxas nin depositou correctamente o aval.

    Esta falta de crecemento da flota foi o que motivou que tampouco saíse adiante o proxecto do párking. Ante esta situación, Saavedra pide ás autoridades implicadas que lles devolvan o aval de 195.000 euros que depositaron a favor da Autoridade Portuaria.

    A Autoridade Portuaria levará este ano o asunto a pleno.

    Redacción Salnés