73 millóns de euros en multas na Operación Cormorán

    teresinacopy.jpgPONTEVEDRA> Os principais condenados foron Teresinha de Jesús; Lidia Niele; Antonio Gómez, alias ‘Tucho’, e Benito Suárez Bouzón.

    {flowplayer}images/salnes/SENTENCIA_OPERACION_CORMORAN.flv{/flowplayer}

    Os maxistrados da Audiencia Provincial de Pontevedra consideran que o ‘aumento desproporcionado’ do patrimonio de Teresinha de Jesús e Lidia Niele durante a época que foron parella de José Antonio Pouso Rivas ‘Pelopincho, considerado o cabecilla da rede de branqueo, non se pode deber unicamente ó exercicio da prostitución e premios da lotería, como intentaron xustificar no xuízo. Segundo figura na sentencia, os bens proceden do lavado de cartos obtidos no tráfico de drogas.

    Son dúas das principais encausadas no marco da Operación Cormorán. Deberán cumprir cada unha catro anos e oito meses de cadea e pagar multas de 8,1 e 8,7 millóns de euros respectivamente. A mesma pena de prisión recaeu sobre o albanel que lle construía os zulos para agochar os cartos a `Pelopincho’. A Audiencia considera que Antonio Gómez, alias ‘Tucho’, tivo que ver perfectamente as caixas con fardos de billetes nas dúas ocasións que recoñeceu pechar estes escondites.

    Gómez deberá facer fronte tamén a unha sanción de 1,3 millóns de euros, moi lonxe dos 46 millóns e medio que lle impuxeron ó curmán da ex muller de Pelopincho e considerado a súa man dereita, Benito Suárez. É a multa máis alta das impostas á trintena de condenados no marco desta operación. Ademais Suárez terá que pasar outros catro anos e oito meses na prisión.

    A lista de imputados que non chegaron a acordo coa fiscalía complétase coa filla de Pouso Rivas, Vanesa, condenada a un ano de cárcere ó igual que Gloria Milena Salazar.

    Os 24 encausados restantes que se declararon culpables tras pactar co fiscal terán pasar seis meses en prisión e abonar multas de entre 18.000 e un millón de euros.

    Redacción Salnés