BARBANZA> Trátase dun primeiro acordo de cooperación que podería verse ampliado posteriormente a outros ámbitos.
{flowplayer}barbanza/convenioribeirasonaforroenerxetico.flv{/flowplayer}
Os alcaldes de Ribeira e Porto do Son, Manuel Ruiz e Luis Oujo, respectivamente, foron os encargados de asinar este convenio que posibilitará a solicitude de xeito conxunto dunha subvención ó INEGA dirixida a acadar un maior aforro enerxético en ambos municipios.
Novos acordos
En palabras dos dous rexedores, este é o primeiro paso para novos acordos de colaboración entre ambos municipios en ámbitos tan dispares como a obtención dunha escola obradoiro, a coordinación dos servizos de socorristas nas praias, a mellora de viais ou o abastecemento de auga.
Redacción Barbanza