Os recursos turísticos de Boiro disporán de códigos QR para a descarga de información e audioguías

BOIRO> O concello de Boiro dá un paso máis na dixitalización dos seus recursos. Os visitantes poderán descargar información a través de códigos QR instalados nos principais puntos turísticos do municipio. Darán acceso tamén a audioguías en catro idiomas.

O concello de Boiro está a traballar na dixitalización dos recursos turísticos a través dunhas guías que se poderán descargar mediante códigos QR.

Os códigos instalaranse nos principais puntos de interese cultural, histórico e paisaxístico e darán acceso a información completa sobre o recurso a visitar así como a audioguías en catro idiomas.

O concelleiro de Turismo indicou que a confección das guías estará rematada no prazo aproximado dun mes e, a continuación, procederase á instalación dos paneis cos códigos QR nunha quincena de espazos emblemáticos do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí