Conta atrás para a construción do Centro Comercial vilanovés

    centro_comercial_copia.100jpg.jpgVILANOVA> O concello de Vilanova vai celebrar mañá un pleno para a aprobación inicial do proxecto de construción. Gonzalo Durán asegurou que esta área comercial vai supoñer un estímulo económico para a comarca.

    {flowplayer}images/salnes/CENTRO_COMERCIAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Tras meses de negociacións, viaxes e modificacións no proxecto, o concello xa ten nas súas mans a aprobación do proxecto por parte de Medio Ambiente, Estradas e a Dirección Xeral de Urbanismo.

    Agora queda un pequeno camiño por percorrer. En caso de aprobación no pleno de mañá, os informes exporanse ó público durante dous meses para o seu posterior envío á Xunta. Dende a súa entrada en explotación, o Parque comercial vai crear preto de 500 postos de traballo directos e 500 indirectos. Gonzalo Durán afirma que vai supoñer unha aposta de futuro para o mercado laboral vilanovés e un elemento dinamizador da comarca.

    En canto ás protestas dos comerciantes contra o centro comercial, Gonzalo Durán afirmou que, os locais que pecharon ata o de agora, non foron pola área comercial. Recordou que os que queiran trasladarse a el terán prioridade e descontos nos alquileres das tendas. Asegurou que xa hai 5 negocios interesados.

     Espérase que as obras do centro comercial comecen en decembro cunha inversión de 47.000.000 de euros e duren 16 meses.

    Redacción Salnés