As praceiras de Cambados estrean unifome

    praceirasvcambados copia.jpg CAMBADOS> Con mandilóns vermellos e gorros brancos, intentarán promover a calidade dos seus produtos fronte ós das grandes superficies.

    {flowplayer}images/salnes/IMAXE_PRAVEIRAS_CAMBADOS.flv{/flowplayer}

    Mandilóns vermellos e gorros brancos. Así vestirán as praceiras de Cambados, que hoxe estrearon o seu novo uniforme. A iniciativa é un dos primeiros pasos para renovar a imaxe das prazas de Abastos e afianzar a súa posición na venda de produtos frescos e de calidade

    A praza tamén recibirá unha nova capa de pintura dentro deste plan de mellora. A presidenta da asociación agradeceu o esforzo realizado e pediu a colaboración do alcalde.

    Actualmente está prevista a construción dunha nova praza de Abastos para Cambados, a escasos metros da existente. Polo que este lavado de imaxe é unha das medidas que se realizarán en espera das novas instalacións.O proxecto enmárcase dentro do plan de mellora das prazas de Abastos de Galicia. O obxectivo é dinamizar o motor económico da vila e promover a compra nas prazas, afectadas pola aparición das grandes superficies.

    Redacción Salnés