![]()
SANXENXO> Así o anunciou este mediodía o director deportivo da entidade celeste, Manuel Buezas. Atado o técnico, comezarase a traballar na confección do plantel.
O Vilalonga comunicou este mediodía a renovación de Gabi Leis para a vindeira temporada. Dende a directiva opínase que a renovación ven dada por ter cumprido o obxectivo para o que fora deseñado o plantel, que non era outro que a permanencia.
Os dirixentes celestes quixeron engadir que o acordo alcanzouse hai días pero que por diferentes motivos non se quixo facer público ata hoxe.
Este acordo é o único pechado de cara a vindeira temporada. A partires do sábado, cando se celebre a asemblea ordinaria, comezarán as negociacións co resto de corpo técnico e co plantel.
Redacción Salnés








