![]()
SANTIAGO> A conselleira do Mar salienta a ‘boa acollida’ da medida entre o sector, e lamenta as críticas de pósitos coma os de Ferrol ou Barallobre, na Coruña.
{flowplayer}images/salnes/TOTAL_CONSELLEIRA_REINSTALACION.flv{/flowplayer}
Esta semana, probablemente o mércores, o Diario Oficial de Galicia publicará a orde para a creación da zona de reinstalación de moluscos extraídos en areais coa catalogación de C, é dicir, pechados ó marisqueo. A conselleira do Mar Rosa Quintana amosouse satisfeita esta mañá pola boa acollida que está a ter a medida entre gran parte das confrarías galegas, aínda que lamentou as críticas dalgúns pósitos coma o de Ferrol ou o de Barallobre, na Coruña.
Trala publicación no DOG, as confrarías que conten con areais catalogados como C entre as súas zonas de traballo e que estean interesadas no proxecto, poderán solicitar a autorización á consellería do Mar para extraer o marisco destas praias e trasladalo á zona de reinstalación. Esta zona estará situada no porto de Morás, en Xove. Alí os moluscos depuraranse para logo devolverse ás lonxas de orixe e comercializalos en fresco. Desde Mar lembran que con esta medida se poderá poñer do mercado unhas 450 toneladas de marisco galego de calidade, gañando unha cota que ata agora era ocupada por marisco foráneo.
Redacción Salnés








