![]()
VILAGARCÍA> A solución que se adopte terá que ser aprobada polo pleno do concello antes de que o Padroado proceda a facer o cambio definitivo.
{flowplayer}images/salnes/REUNION_PADROADO_FEXDEGA.flv{/flowplayer}
O estudo que terán que facer técnicos da Xunta e do concello de Vilagarcía, inclúe unha análise de viabilidade para determinar se o concello se pode facer cargo da xestión do Recinto Feiral. Para iso, sería necesario modificalos estatutos da Fundación.
Ademais, nesta reunión do padroado acordouse establecer un prazo de quince días para obtelos resultados do estudo. Pasadas as dúas semanas, a solución que se adopte, que inclúe asumilos custos de mantemento e dar unha solución ós traballadores, terá que ser aprobada polo pleno do concello antes de que o Padroado proceda a facer o cambio definitivo.
O actual xerente en funcións, Carlos Oubiño, adiantou, ó termo da xuntanza, que, polo momento, seguirá á fronte da xerencia.
Redacción Salnés










