A xornada de portas abertas da Ruta do Viño Rías baixas adáptase ás restricións e cancela o autobús do viño

CAMBADOS> As restricións impostas por sanidade afectan á ruta do Viño Rías Baixas. Para a xornada de portas abertas que se celebrará esta fin de semana terán que cancelarse os autobuses do viño. Ademais as adegas terán que extremar as precaucións.

A ruta do viño Rías Baixas celebra esta fin de semana a súa xornada de portas abertas. A organización xa tiña establecidas as medidas anti covid, pero as novas restricións obrigan á ruta do viño a adaptar de novo a celebración. Por este motivo, cancelaranse finalmente os autobuses do viño.

As adegas xa están preparadas para adecuarse ás novas restricións.

Os interesados en asistir á ruta do viño rías baixas terán que poñerse en contacto directamente coas adegas. Os participantes destas xornadas gozarán dunha experiencia enoturística de gran nivel.

Dende a Ruta do viño Rías Baixas sinalan que, a pesar das restricións, xa recibiron numerosas chamadas para participar na xornada de portas aberta. A previsión dos organizadores é que a edición teña unha gran acollida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí